Prefixo formado a partir de cibernética, a ciencia que estuda a estrutura dos sistemas regulados, normalmente indicativo de que algo está relacionado con Internet.
Categoría Gramatical:
prefixo (aero-) LEVA GUIÓN
Exemplo:
Por "ciberplaxio académico" enténdese o uso das TIC (principalmente Internet e os recursos asociados a esta) para o plaxio (total ou parcial) de traballos académicos por parte do alumnado ou o profesorado (http://www.cibersociedad.net/textos/articulo.php?art=121).Información complementaria:
Utilízase amplamente para denominar conceptos relacionados coas redes e coa cultura de Internet (ciberactivismo, ciberataque, cibercafé, ciberespazo, ciberguerra, cibernauta, etc.)
Ver tamén:
Internet; cibernética