Buscar | Enlaces de interés | Sugerir | Sobre Nosotros | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

dispoñibilidade selectiva

Degradación intencionada do sinal GPS para evitar a excesiva precisión dos receptores GPS comerciais modernos.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Información complementaria: 
Inicialmente o sistema NAVSTAR-GPS foi deseñado e desenvolvido para aplicacións militares, co obxectivo de impedir que o sistema fose utilizado con fins non pacíficos por inimigos dos Estados Unidos (guiado de mísiles fundamentalmente). O Departamento de Defensa estadounidense, encargado do seu mantemento e precisión, optou por degradar intencionadamente o sinal que emiten os satélites da constelación NAVSTAR, afectando a usuarios civís que accederan á tecnoloxía de xeito comercial a partir dese momento. A limitación da exactitude levouse a cabo e incorporaron erros aleatorios no sinal, é dicir, que os receptores civís (non os militares) estarían suxeitos a unha degradación da precisión, en función das circunstancias xeoestratéxicas e xeopolíticas do momento, que queda regulada polo programa de dispoñibilidade selectiva. Esta degradación do sinal realizouse de dúas formas: facendo oscilar o reloxo do satélite, e truncando os datos enviados polas efemérides (senda e órbita dun satélite). O desenvolvemento de novas técnicas que corrixían estes desfases, como o uso combinado do sistema NAVSTAR e o GLONASS ou a utilización de sistemas de corrección de sinais como o DGPS, o SBAS que permiten estimar o erro inducido, así como a concepción de novos Sistemas Globais de Navegación por Satélite (Galileo), e a dependencia cada vez maior do GPS por parte da poboación civil fixo que a dispoñibilidade selectiva fose oficialmente eliminada o 2 de maio de 2000 polo presidente Bill Clinton.
Ver tamén: 
sistema de posicionamento global
Traducions
Tradución portugués: 
disponibilidade selectiva
Tradución castelán: 
disponibilidad selectiva
Tradución francés: 
disponibilité sélective
Tradución inglés: 
Selective Availability; SA
Tradución alemán: 
Selective Availability