Buscar | Enlaces de interés | Sugerir | Sobre Nosotros | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

fragmentación

Efecto que se produce debido ao almacenamento non contiguo de arquivos en dispositivos como disco duro e memoria RAM polo uso do computador.

Categoría Gramatical: 
substantivo feminino (perola)
Exemplo: 
Na memoria do sistema, a fragmentación prodúcese cando os procesos asignados ocupan posicións non contiguas de memoria deixando demasiados bloques libres de pequeno tamaño, aos que non son asignados novos procesos.
Información complementaria: 
A fragmentación pode ser interna ou externa. A interna débese ao tamaño mínimo dun bloque de disco, tamén coñecido como clúster. Se un arquivo ten un tamaño menor ao dun clúster, o tamaño restante será desperdiciado. A desfragmentación non a corrixe. Pódese minimizar modificando o tamaño de clúster, e polo tanto da partición. A fragmentación externa aparece como consecuencia das distintas políticas de axuste de bloques que ten un sistema de arquivos, ou ao utilizar asignacións dinámicas de bloques no caso da memoria. No sistema de arquivos, a sucesiva creación e eliminación de arquivos de distintos tamaños pode conducir ao illamento dos bloques libres dun disco e, dependendo da política de axuste, a súa non elección para futuros arquivos.
Ver tamén: 
desfragmentación
Traducions
Tradución portugués: 
fragmentação
Tradución castelán: 
fragmentación
Tradución francés: 
fragmentation
Tradución italiano: 
frammentazione
Tradución inglés: 
fragmentation
Tradución alemán: 
Fragmentierung