Buscar | Enlaces de interés | Sugerir | Sobre Nosotros | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

Time Division Multiple Access

'Acceso múltiple por división de tempo', técnica de multiplexación que distribúe as unidades de información en rañuras alternas de tempo, proporcionando acceso múltiple a un reducido número de frecuencias.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva inglesa que non sexa nome comercial (Christian's expertise)
Abreviatura: 
TDMA
Información complementaria: 
Emprégase en infinidade de protocolos soa ou en combinación doutras. Mediante o uso de TDMA divídese unha única canle de frecuencia de radio en varias rañuras de tempo (seis en D-AMPS e PCS, oito en GSM). A cada persoa que fai unha chamada asígnaselle unha rañura de tempo específica para a transmisión, o que fai posible que varios usuarios utilicen unha mesma canle simultaneamente sen interferir entre si. Existen varios estándares dixitais baseados en TDMA, tal como TDMA D-AMPS (Digital-Advanced Mobile Phone System), TDMA D-AMPS-1900, PCS-1900 (Personal Communication Services), GSM (Global System for Mobile Communication), DCS-1800 (Digital Communications System) e PDC (Personal Digital Cellular).
Traducions
Tradución portugués: 
Aceso Múltiplo por Divisâo de Tempo; Time Division Multiple Access; TDMA
Tradución castelán: 
Acceso Múltiple por División de Tiempo
Tradución francés: 
Accès Multiple à Répartition dans le Temps; Time Division Multiple Access; TDMA
Tradución italiano: 
Acceso Multiplo a Repartizione nel Tempo; Time Division Multiple Access; TDMA
Tradución inglés: 
Time Division Multiple Access; TDMA