Buscar | Enlaces de interés | Sugerir | Sobre Nosotros | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

tempo universal coordinado

Zona horaria de referencia respecto á cal se calculan todas as outras zonas do mundo.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva inglesa que non sexa nome comercial (Christian's expertise)
Sinónimos: 
ZT; hora UTC; hora GMT; GMT
Abreviatura: 
UTC
Información complementaria: 
Tamén é coñecido como tempo civil. É o sucesor do GMT (Greenwich Mean Time), aínda que algunhas veces inda se lle segue chamando así. A nova denominación foi disposta para eliminar a inclusión dunha localización específica nun estándar internacional, así como para basear a medida do tempo nos estándares atómicos, máis que nos celestes. A diferenza do GMT, o UTC non se define polo Sol ou as estrelas, senón que se mide polos reloxos atómicos, xa que a rotación da Terra é estable pero non constante e retárdase atrasándose con respecto ao tempo atómico. UTC sincroniza co día e a noite de UT1 ao que se lle engade ou quita un segundo intercalar (leap second) tanto a finais de xuño como de decembro cando resulta necesario. UTC presenta problemas para os sistemas informáticos como Unix que gardan o tempo como un número de segundos a partir dun tempo de referencia. Grazas aos segundos intercalares é imposible determinar que representación vai ter unha data futura, debido a que o número de segundos intercalares que se teñen que incluír na data son aínda descoñecidos. UTC é o sistema de tempo utilizado por moitos estándares de Internet e da World Wide Web. En particular, deseñouse Network Time Protocol como unha forma de distribuír o tempo UTC en Internet. A hora Zulú era a denominación empregada en aeronáutica para o antigo GMT, actual UTC.
Traducions
Tradución castelán: 
hora zulú
Tradución inglés: 
Coordinated Universal Time; Zulu time