Buscar | Enlaces de interés | Sugerir | Sobre Nosotros | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

circuíto virtual permanente

Circuíto virtual establecido para o uso repetido por parte dos mesmos equipos de transmisión. Nel, a asociación é idéntica á fase de transferencia de datos dunha chamada virtual, e ademais elimina a necesidade de configuración e terminacións repetitivas para cada chamada, é dicir, pódese usar sen ter que pasar pola fase de establecemento nin liberación das conexións.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Información complementaria: 
O circuíto está reservado a unha serie de usuarios e ninguén máis pode facer uso del. Unha característica especial que nos circuítos virtuais conmutados non se daba é que se dous usuarios solicitan unha conexión, sempre obteñen a mesma ruta.
Ver tamén: 
circuíto; circuíto virtual; circuíto virtual conmutado
Traducions
Tradución castelán: 
circuito virtual permanente; PVC
Tradución francés: 
circuit virtuel permanent; Permanent Virtual Circuit; PVC
Tradución inglés: 
PVC; Permanent Virtual Circuit