En teoría da información, efectividade dos códigos de bloque que depende da diferenza entre unha palabra de código válida e outra.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Abreviatura:
DH
Información complementaria:
Canto maior sexa a diferenza, menor é a posibilidade de que un código válido se transforme noutro código válido por unha serie de erros. A esta diferenza chámaselle distancia de Hamming, e defínese como o número de bits que teñen que cambiarse para transformar unha palabra de código válida noutra palabra de código válida. Polo tanto, se dúas palabras de código difiren nunha distancia d, necesítanse d erros para que estes non sexan detectables.
Ver tamén:
código Hamming