Buscar | Enlaces de interés | Sugerir | Sobre Nosotros | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

liña de subscrición dixital asimétrica

Técnica de transmisión de banda larga que cando se aplica sobre os bucles de abonado da rede telefónica permite a transmisión de datos a alta velocidade polos mesmos.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Sinónimos: 
ADSL
Información complementaria: 
Utilízanse frecuencias máis altas cás utilizadas no servizo telefónico co fin de non interferir con elas. Desta forma pódese utilizar o bucle de abonado para o servizo telefónico e para a transmisión de datos simultaneamente. A asimetría que caracteriza aos sistemas ADSL baséase en que estes sistemas ofrecen unha maior capacidade de transmisión no sentido descendente (da rede de telecomunicacións ao usuario) ca no sentido ascendente (do usuario á rede). Este feito fai que os sistemas ADSL sexan especialmente convenientes en aplicacións nas que se esixe grande ancho de banda, tales como o acceso a Internet baseado en sistemas Web, onde o volume de información recibida polos usuarios é moito maior á dos comandos de control xerados na navegación.
Ver tamén: 
Very high bit-rate Digital Subscriber Line; RDSI
Traducions
Tradución portugués: 
linha de subscrição digital assimétrica ; ADSL
Tradución castelán: 
Asymmetric Digital Subscriber Line; ADSL; Línea de Suscripción Digital Asimétrica
Tradución francés: 
liaison numérique asymétrique; ligne numérique à paires asymétriques; LNPA; ADSL; ligne téléphonique numérique asymétrique
Tradución italiano: 
linea asimmetrica digitale di utenza; linea d'abbonato digitale asimmetrica; ADSL
Tradución inglés: 
Asymmetric Digital Subscriber Line; ADSL
Tradución alemán: 
Asymmetric Digital Subscriber Line; ADSL; Asimmetrischer digitaler Teinehmer-Anschluss