Buscar | Enlaces de interés | Sugerir | Sobre Nosotros | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

croma

Técnica utilizada na produción de sinais de TV e de vídeo que consiste na fusión de dúas imaxes, eliminando nunha delas todos os puntos dunha determinada cor para deixar ver os puntos da outra imaxe nesa posición.

Categoría Gramatical: 
substantivo masculino (pote)
Exemplo: 
A TVG utiliza o croma nos programas do tempo.
Información complementaria: 
É unha técnica moi utilizada para crear escenarios virtuais ou nos programas do tempo, onde un presentador está diante dunha pantalla baleira pero o espectador ve unha imaxe co presentador e os mapas do tempo. As cores de fondo máis utilizadas son a verde e a azul por ser cores primarias, as que mais se diferencian da cor da pel.
Ver tamén: 
cor primaria
Traducions
Tradución portugués: 
chroma key
Tradución castelán: 
croma; inserción del croma
Tradución francés: 
incrustation couleur; incrustation
Tradución italiano: 
intarsio a chiave colore; chroma key
Tradución inglés: 
chroma key
Tradución alemán: 
farbbasierte Bildfreistellung; Bluescreen-Technik