Buscar | Enlaces de interés | Sugerir | Sobre Nosotros | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

cámara de vídeo

Cámara que permite capturar secuencias continuas de imaxes en movemento.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Sinónimos: 
videocámara
Abreviatura: 
n/a
Exemplo: 
A maioría de cámaras de vídeo actuais constrúense con tecnoloxía CCD.
Información complementaria: 
Realizan a captura cunha frecuencia dada (medida en imaxes por segundo), que debe ser o bastante grande como para crear a ilusión de imaxe en movemento. Poden ser analóxicas ou electrónicas. As secuencias capturadas poden ter diversos fins: difusión por televisión, visualización nunha pantalla ou almacenamento de vídeo. Existen moitos tipos de videocámara. As analóxicas case están en desuso. As máis comúns hoxe en día son as dixitais que gravan e transmiten en formato DV-25.
Ver tamén: 
cámara fotográfica; dispositivo de cargas eléctricas interconectadas; vídeo dixital
Traducions
Tradución portugués: 
câmara de vídeo (BR); câmara de filmar (PT)
Tradución castelán: 
cámara de vídeo
Tradución francés: 
caméra vidéo
Tradución inglés: 
video camera; videocamera