Buscar | Enlaces de interés | Sugerir | Sobre Nosotros | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

repetidor

Dispositivo para rexenerar os sinais nunha rede, xa que como os medios de transmisión dunha rede teñen perdas en función da distancia á orixe, ás veces é necesario rexenerar o sinal.

Categoría Gramatical: 
substantivo masculino (pote)
Exemplo: 
Como aquel terminal está a máis de 100 m do encamiñador é necesario poñer un repetidor, preferiblemente a medio camiño.
Información complementaria: 
Un repetidor ten un conxunto de pares entrada/saída, e o que fai é recoller o sinal que recibe na entrada e reconstruílo (en sistemas dixitais) ou amplificalo (en sistemas analóxicos) e volver a transmitilo pola saída. Os repetidores traballan no nivel 1 (capa física) do modelo OSI da ISO. Na práctica, hoxe en día, utilízanse concentradores/hub para facer esta función.
Ver tamén: 
concentrador; encamiñador; ponte
Traducions
Tradución castelán: 
repetidor
Tradución inglés: 
repeater