Conectador de audio utilizado en dispositivos de transmisión de son en formato analóxico.
Categoría Gramatical:
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Sinónimos:
NA
Abreviatura:
NA
Exemplo:
NAInformación complementaria:
Existen conectores Jack de varios diámetros: 2,5 mm, 3,5 mm e 6,35 mm. Os máis usados son os de 3,5 mm, tamén chamados minijack, e que son os que se utilizan en dispositivos portátiles, como os mp3, para a saída dos cascos. O de 2,5 mm é menos utilizado, pero úsase tamén en dispositivos pequenos. O de 6,35 mm emprégase sobre todo en audio profesional e instrumentos musicais eléctricos. Os conectores Jack adoitan ter unhas franxas no seu extremo. Unha franxa indica que o audio que poden transmitir unicamente é formato mono; dúas franxas indican formato de son estéreo, e tres son indicativo de que transmiten audio en estéreo e ademais, sinal de vídeo
Ver tamén:
conectador; estéreo; mono; vídeo