Buscar | Enlaces de interés | Sugerir | Sobre Nosotros | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

Digital Visual Interface

'Interface visual dixital', interface deseñada para obter a máxima calidade de visualización posible en pantallas dixitais.

Categoría Gramatical: 
nome propio co que un produto que se vende, comercializa, publicita ou distribúe
Abreviatura: 
DVI
Información complementaria: 
A interface de conexión cos monitores nas computadoras ata hai pouco era VGA, un estándar deseñado para sacarlle o máximo rendemento aos monitores analóxicos. Non obstante, coa proliferación dos monitores planos dixitais, o VGA quedaba curto, e foi necesario un novo estándar dixital que ofrecese a máxima resolución posible, o DVI. Adoita confundirse o DVI co HDMI, pero non son o mesmo: o sistema DVI tan só transporta sinal de vídeo de alta definición, polo que se converte no estándar absoluto en tarxetas gráficas de última xeración, mentres que o HDMI transporta igualmente sinal de audio, polo que é o estándar de alta definición en televisores, pero non en tarxetas gráficas. Pode decirse que o DVI é o estándar de alta definición no ámbito dos computadores, mentras que o HDMI é o estándar de alta definición no campo da electrónica doméstica.
Ver tamén: 
High-Definition Multimedia Interface; tarxeta gráfica
Traducions
Tradución portugués: 
Digital Visual Interface; DVI
Tradución castelán: 
Digital Visual Interface; DVI
Tradución francés: 
Digital Visual Interface; DVI
Tradución italiano: 
Digital Visual Interface; DVI
Tradución inglés: 
Digital Visual Interface; DVI
Tradución alemán: 
Digital Visual Interface; DVI