Interface entre unha computadora e un periférico cuxa principal característica é que os bits de datos viaxan xuntos enviando un byte completo ou máis á vez.
Categoría Gramatical:
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Información complementaria:
O cable paralelo é o conectador físico entre o porto paralelo e o periférico. Nun porto paralelo haberá unha serie de bits de control en vías á parte que irán en ambos os sentidos por camiños distintos. En contraposición ao porto paralelo está o porto serie que envía os datos bit a bit polo mesmo fío. No caso das computadoras, o porto paralelo ten como modo de conexión un conectador DB-35, de 35 pins, en contraposición co porto serie que utiliza un DB-9, de 9 pins. Antes utilizábanse para impresoras LPT, pero no 2009 as computadoras actuais xa non o incorporan porque é un porto que permite taxas de transferencia moito máis lentas que os portos USB 2.0. Ambos os dous portos serie e paralelo considéranse obsoletos actualmente.
Ver tamén:
Line Print Terminal