Buscar | Enlaces de interés | Sugerir | Sobre Nosotros | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

Celeron

Liña de procesadores de baixo custo de Intel, que poden realizar as mesmas funcións básicas ca outros procesadores, pero cuxo rendemento é inferior cando se compara con outros máis custosos.

Categoría Gramatical: 
nome propio co que un produto que se vende, comercializa, publicita ou distribúe
Información complementaria: 
Na actualidade, os Celeron usualmente teñen menos memoria caché ou teñen algunhas funcionalidades avanzadas desactivadas. Nos primeiros tempos destes procesadores, non tiñan apenas memoria caché, o que abarataba moito o custo do microprocesador. Estas diferenzas teñen un impacto variable no rendemento xeral do procesador, dado que depende das aplicacións que se estean executando no sistema operativo en cada momento. Aínda que moitos procesadores Celeron poden traballar practicamente ao mesmo nivel doutros procesadores, algunhas aplicacións avanzadas (xogos, edición de vídeo, programas de enxeñaría, etc.) non funcionarán igual de ben nun Celeron ca nun procesador equivalente de gama alta.
Ver tamén: 
Advanced Micro Devices; Intel; memoria caché
Traducions
Tradución portugués: 
Celeron
Tradución castelán: 
Celeron
Tradución francés: 
Celeron
Tradución italiano: 
Celeron
Tradución inglés: 
Celeron
Tradución alemán: 
Celeron