Compoñente do microprocesador dedicado especificamente aos cálculos de operacións con coma flotante.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Información complementaria:
Non todos os procesadores teñen unha unidade específica dedicada á coma flotante. Nos microprocesadores que non a teñen, o procesador pode asumir as tarefas desta, emulando unha unidade aritmético-lóxica a través de programas. Estes chips serán máis lentos cós procesadores con unidade de coma flotante integrada, porque sempre resulta máis rápida a realización de operacións por soporte físico mediante unha unidade de coma flotante cá emulación por programas mediante o procesador.
Ver tamén:
microprocesador; procesador gráfico; unidade central de procesamento