Restrición do acceso a determinados recursos na web, ben mediante unha serie de palabras clave, ben mediante URL concretas.
Categoría Gramatical:
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Sinónimos:
filtrado de contido; filtrado de webs; filtrado de web; filtrado web
Información complementaria:
Se o administrador da rede non desexa que se acceda a portais con determinados contidos ou recursos, inserirase unha limitación por palabras clave relacionadas ou por URL. Nas redes de área local é común monitorar o tráfico dos usuarios a través dun proxy para restrinxir o acceso dos usuarios a determinados servizos.