En redes de área local, monitoración do tráfico polo enderezo IP para que o administrador da rede poida localizar usuarios que están a facer un mal uso dos recursos do sistema.
Categoría Gramatical:
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Información complementaria:
Poderíase impedir que o enderezo IP interno 192.168.2.130 saíse a Internet, filtrándoo por completo (a configuración do filtrado depende de cada programa en cuestión).
Poderíase impedir que ese mesmo enderezo IP puidese saír a Internet pero que non puidese acceder ao porto 1863 TCP, de xeito que non poida enviar mensaxes a través do Messenger.
Para realizar as tarefas de administración da rede pertinentes, os administradores dispoñen da opción de seleccionar os enderezos IP desexados para restrinxir o acceso aos recursos, ben sexa limitando o seu acceso a Internet, ben bloqueándoo por completo, ben limitando determinados servizos (envío de correo electrónico polo porto SMTP, peche de determinados portos TCP para aplicacións, etc.).