Aparato que mide o volume ou nivel de gravación do son.
Categoría Gramatical:
substantivo masculino (pote)
Información complementaria:
Utilízase habitualmente en dispositivos de gravación e mesas de mesturas. Aínda que moitas veces se confunde, non indica o volume do son puntual nin os seus picos, senón unha aproximación retardada e sinusoidal. A súa mellor característica é a de aproximar fielmente a sensación de volume percibida polo sistema auditivo. Consta dunha pantalla cunha agulla ou indicadores luminosos e unha zona cunha escala graduada en unidades de volume e dividida en dúas partes, unha delas de cor vermella, que indica o nivel a partir do cal se produce a distorsión do son.
Ver tamén:
valor de pico