Onda elástica de baixa intensidade que se propaga lonxitudinalmente a través dun medio elástico, coma o aire, mediante perturbacións mecánicas débiles.
Categoría Gramatical:
substantivo masculino (pote)
Exemplo:
Para un neonato, coa capacidade auditiva sen perturbar, os sons audibles encóntranse na rexión do espectro comprendida entre os 16 Hz e os 22 KHz.Información complementaria:
Ao pasar polos distintos subsistemas do oído humano, as ondas son capaces de xerar sensacións sonoras no cerebro se a frecuencia das oscilacións se encontra dentro dos límites da audición.
Ver tamén:
hipersón; infrasón; presión acústica