Técnica empregada para desconxestionar recursos dun servidor e repartir cargas de traballo entre varios servidores.
Categoría Gramatical:
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Exemplo:
Ante o crecente número de usuarios optouse por facer un balanceo do servidor de datos.Información complementaria:
Os pedimentos divídense entre os distintos equipos de xeito que o sistema poida seguir funcionando ante cargas de traballo máis elevadas das que soportaría un único servidor. A infraestrutura élle indistinguible ao usuario final de modo que non precisa saber cal dos distintos servidores están a responder o seu pedimento, senón que un sistema intermedio se encarga de reencamiñalo segundo certas regras e de devolver o resultado solicitado. Pódese controlar mediante elementos de soporte lóxico ou físico.
Ver tamén:
balanceo de liñas; servidor