Unidade de medida, utilizada en comunicacións, que representa o número de símbolos transmitidos por segundo.
Categoría Gramatical:
unidade de medida, do sistema internacional ou non (a súa abreviación é un símbolo sen punto nin plural: kg)
Sinónimos:
símbolos por segundo
Abreviatura:
Bd
Información complementaria:
Tamén se pode interpretar como a medida da velocidade dunha modulación, correspondente ao número de cambios nun sinal por segundo. Adóitase falar indistintamente de bits por segundo e de bauds converténdoos, de feito, en falsos sinónimos. O número de bits por segundo dividido polo número de bits de datos por sinal dá como resultado o número de bauds.
Ver tamén:
bit