Transformar matematicamente os datos dun sinal dunha forma comunmente interpretable a outra forma na que se necesita unha chave ou un coñecemento especial para a sua correcta interpretación.
Categoría Gramatical:
verbo, simplemente (play), xa se subclasificarán
Sinónimos:
encriptar
Abreviatura:
n/a
Exemplo:
Cifrei os meus datos para maior seguridade.Información complementaria:
Segundo o algoritmo que empreguemos, este pode ser reversible ou non, aínda que coñezamos a clave de cifraxe. Cando o obxectivo é a transmisión de xeito seguro, a cifraxe será reversible, e o receptor poderá aplicar un algoritmo que recupere a información orixinal se coñece a clave necesaria. Os algoritmos non reversibles poden empregarse, por exemplo, para cifrar contrasinais de acceso, de xeito que mesmo os administradores do sistema non poidan chegar a coñecer o contrasinal de acceso a partir da súa transformación cifrada.