Función que permite, nun programa de correo electrónico, indicar nun campo que a mensaxe ten como destinatario unha conta que se desexa que permaneza oculta ao resto de destinatarios da mensaxe, aparecendo oculto o enderezo, non mostrándose na cabeceira da mensaxe.
Categoría Gramatical:
locución adverbial (a tempo)
Abreviatura:
CCO
Información complementaria:
A diferenza do campo Para (ou A) e da casa CC, os enderezos de email engadidos a CCO permanecen invisibles aos destinatarios da mensaxe.
Nalgúns provedores de correo é necesario picar nun enlace do encabezamento para que apareza este campo.
Este é o modo ideal de enviar as mensaxes de correo electrónico a máis dun destinatario, respectando a privacidade das telecomunicacións.
Antónimos:
CCVer tamén:
correo electrónico