Satélite artificial de reducidas dimensións (10cm x 10cm x 10cm, ou de menos dun litro), cun peso entre 0,1 e 1 kg, , incluíndo o combustible (wet mass), e que traballa con outros picosatélites ou en formación, ás veces coa presenza dun satélite maior ou nai para conseguir a comunicación con segmentos de control en terra.
Categoría Gramatical:
substantivo masculino (pote)
Sinónimos:
n/a
Abreviatura:
n/a
Exemplo:
n/aInformación complementaria:
Existen varios modelos comerciais de picosatélites ou satélites de 1 kg de masa máxima, o máis coñécido dos cales é o CubeSat desenvolvido polas universidades de Stanford e a politécnica do estado de California en 1999 e fabricado entre outros por Boeing. A súa finalidade fundamental é a investigación e o ensino universitarios.
Ver tamén:
microsatélite; satélite artificial