Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

X3D

Conxunto de estándares abertos de formato de arquivo libre, non cinguido a ningún tipo concreto de arquitectura, pensado para representar e comunicar escenas en 3D utilizando XML e que permite a visualización do contido en tempo de execución.

Categoría Gramatical: 
outros nomes propios que non sexan nin antropónimos nin institucións
Información complementaria: 
Trátase dunha norma ISO, xa ratificada, que proporciona un sistema de almacenamento, recuperación e reprodución de gráficos en tempo real de contidos incorporados en aplicacións, todo iso nunha arquitectura aberta, en apoio dunha ampla gama de ámbitos e escenarios de usuario. É o sucesor do Virtual Reality Modeling Language (VRML) ao que mellora con extensións como animación de humanoides, NURBS, GeoVRML etc. X3D tamén pode incluír interfaces de usuario (APIs). X3D define varios perfís (conxuntos de extensións) para diferentes propósitos, como X3D Core, X3D Interchange, X3D CAD, X3D Geospatial e X3D Immersive e os creadores de visualizadores poden definir así mesmo as súas propias extensións antes de sometelas á estandarización polo consorcio W3D. Un subconxunto de X3D é XMT-A, unha variante de XMT, que se define en MPEG-4 Parte 11. XMT-A foi deseñado para proporcionar un vínculo entre X3D e contido en 3D tal como se define en MPEG-4 (BIFS). X3D non debe confundirse con 3DXML, un formato de arquivo propietario. X3D posúe un amplo conxunto de características en compoñentes que pode adaptarse para a súa utilización en enxeñaría, en visualización científica, en CAD e arquitectura, en visualización médica, en formación e simulación, en multimedia, entretemento, educación e moito máis. O desenvolvemento da comunicación en tempo real de datos en 3D a través de diferentes aplicacións e aplicaciones en rede evolucionou desde os seus inicios como o Virtual Reality Modeling Language (VRML) ata o novo estándar X3D moito máis maduro e refinado.
Ver tamén: 
coordenada homoxénea; Virtual Reality Modeling Language