Sistema para presentar varias opcións en numerosos programas e aplicacións, onde as distintas alternativas aparecen na parte superior e colocadas en xeito horizontal.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Exemplo:
O procesador de textos permite ocultar a súa barra de menú.Información complementaria:
Cada unha das opcións da barra de menú principal pode ter o seu propio submenú que se despregará de xeito vertical. O nivel de submenús pode crecer indefinidamente e, ao situarse co cursor enriba da opción correspondente, vense despregadas en vertical as opcións do nivel seguinte.