Periférico de entrada de datos nun ordenador, dotado de dous ou máis botóns de pulsación, que ao ser desprazado sobre unha mesa, tapete ou calquera superficie lisa determina o desprazamento dunha frecha ou punteiro sobre a pantalla.
Categoría Gramatical:
substantivo masculino (pote)
Información complementaria:
Foi deseñado nos laboratorios Xerox PARC da compañía Xerox en Pau Alto en 1981 e aplicado por primeira vez nos ordenadores Macintosh de Apple. Pode ser mecánico ou óptico. Denomínase rato porque o seu aspecto recorda lixeiramente ao pequeno roedor. No 2009 adoitan ter tamén unha roda no sitio do botón central que se usa fundamentalmente para facer desprazamento vertical cando se visualizan textos ou elementos que non caben na ventá na que se están visualizando. Premendo sobre ela están as funcións deste botón. Apple, nos seus ordenadores coloca unha bóla en vez da roda e así posibilita tamén o desprazamento horizontal neste elemento.
O rato permite utilizar os programas de forma máis sinxela e rápida que mediante o teclado, especialmente, nos programas relacionados co deseño gráfico. En 2009, todos os sistemas operativos posibilitan que a comunicación cos programas se faga mediante o rato e as iconas gráficas que os programas mostran no escritorio. Aínda que o rato é o periférico e o punteiro a frecha que indica a súa posición na pantalla, é habitual referirse como rato ao falar do punteiro na pantalla.
Ver tamén:
clic; escritorio; monitor; teclado