Aparato que mide a intensidade da electricidade que o atravesa.
Categoría Gramatical:
substantivo masculino (pote)
Información complementaria:
O amperímetro debe colocarse "en serie", isto é: facendo que a corrente que desexamos medir atravese o aparello. Como todo aparello de medida, un amperímetro vai modificar a magnitude que se vai medir xa que é un elemento que altera o circuíto no que se insire. Para minimizar estas perturbacións a resistencia do amperímetro adoita ser moi baixa. Esta última característica fai que se trate de aparellos delicados que se poden estragar facilmente se son expostos a correntes maiores das que foron previstas no seu deseño. Os amperímetros adoitan viren integrados en aparellos que se poden configurar como voltímetro, amperímetro ou óhmetro (son os chamados polímetros ou medidores múltiples).
Ver tamén:
galvanómetro; óhmetro; voltímetro; ampere