Sistema de comunicación polo cal os datos dun usuario orixe poden ser transmitidos a outro usuario destino a través de máis dun circuíto de comunicacións real durante un certo período de tempo, pero no que a conmutación é transparente para o usuario.
Categoría Gramatical:
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Abreviatura:
CV
Exemplo:
Un exemplo de protocolo de circuíto virtual é o Transmission Control Protocol. É unha forma de comunicación mediante conmutación de paquetes na cal a información ou datos son empaquetados en bloques de tamaño variable que se denominan paquetes. O tamaño dos bloques estipúlao a rede. Os paquetes adoitan incluír cabeceiras con información de control. Estes transmítense á rede, a cal se encarga do seu encamiñamento cara ao destino final. Cando un paquete se encontra cun nodo intermedio, o nodo almacena temporalmente a información e encamiña os paquetes a outro nodo segundo as cabeceiras de control. É importante saber que neste caso os nodos non necesitan tomar decisións de encamiñamento, xa que a dirección que deben seguir vén especificada no propio paquete. Ao comenzo da sesión establécese unha ruta única entre as ETD (entidades terminais de datos) ou os equipos extremos. A partir de aquí, todos os paquetes enviados entre estas entidades seguirán a mesma ruta. Información complementaria:
As dúas formas de establecer a transmisión mediante circuítos virtuais son os circuítos virtuais conmutados e os circuítos virtuais permanentes.
Ver tamén:
circuíto; circuíto virtual conmutado; circuíto virtual permanente; Transmission Control Protocol