Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

sistema de información executiva

Ferramenta de intelixencia empresarial orientada a usuarios de nivel xerencial que permite monitorar o estado das variables dunha área ou unidade da empresa a partir da información interna e externa á mesma.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Información complementaria: 
Pódese considerar que un sistema de información executiva é un tipo de Sistema de Soporte á Decisión (DSS) cuxa finalidade principal é que o responsable dun departamento ou compañía teña acceso, de xeito instantáneo, ao estado dos indicadores de negocio que lle afectan coa posibilidade de estudar con detalle aqueles aspectos que non estean cumprindo cos obxectivos establecidos no seu plan estratéxico ou operativo e así determinar as medidas de continxencia máis adecuadas. Unha das características máis importantes dun sistema de información executiva é que lles permite aos usuarios con perfil non técnico construír novos informes e navegar polos datos da compañía co obxectivo de descubrir información que lles resulte relevante. Isto débese, entre outras cousas, a que a interface gráfica destas aplicacións adoita ser moi atractiva e intuitiva. Pode incluír tamén alertas de negocio, informes históricos comparativos e análises de tendencias. Por outro lado, é común que se poidan realizar subscricións aos informes ou listas máis significativas. Necesita da implantación dun data warehouse ou data mart que actúe como fonte central de información, unificando, depurando e integrando as distintas bases de datos operacionais da compañía.
Traducions
Tradución portugués: 
sistema de informaçâo executiva
Tradución castelán: 
sistema de información ejecutiva; Executive Information System; EIS
Tradución francés: 
Executive Information System; EIS
Tradución inglés: 
Executive Information System; EIS
Tradución alemán: 
Fürungsinformationssystem