Técnica que consiste na obtención de información confidencial mediante o engano aos usuarios dun determinado sistema.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Exemplo:
O primeiro paso de cara a establecer unha política de seguridade na empresa é explicarlles aos usuarios os distintos xeitos de enxeñería social que pode empregar un atacante.Información complementaria:
Empréganse diferentes artimañas como facerse pasar polo administrador ou un membro do servizo de mantemento para que o usuario facilite a súa clave de conexión ou outra información sensible que comprometa a seguridade do sistema.