Axuda presente en distintos contornos de programación que lle facilita ao programador a escritura de código mediante a suxestión de palabras ou o formato dunha sentenza complexa, mediante o modo autocompletar.
Categoría Gramatical:
substantivo inglés (swine)
Exemplo:
A maior parte dos contornos de programación incorporan o intellisense.Información complementaria:
Ao tempo que o programador vai escribindo o seu código, o programa suxire distintas opcións que permiten evitar erros ou recordan a sintaxe correcta dunha determinada sentenza, evitando a memorización desta ou a consulta reiterada a manuais ou axudas externas. Constitúe un importante xeito de aumentar a produtividade do programador.