Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

Lua

Linguaxe de programación imperativa e estruturada, bastante lixeira, que foi deseñada como linguaxe de script cunha semántica extensible.

Categoría Gramatical: 
nome propio co que un produto que se vende, comercializa, publicita ou distribúe
Información complementaria: 
Lua é unha linguaxe de extensión, suficientemente compacta para usarse en diferentes plataformas. En Lua as variables non teñen tipo, só os datos e poden ser lóxicos, enteiros, números con punto flotante ou cadeas. Estruturas de datos como matrices, conxuntos, táboas hash, listas e rexistros poden ser representadas usando a única estrutura de datos de Lua: a táboa. A semántica de Lua pode ser estendida e modificada redefinindo funcións das estruturas de datos utilizando metatáboas. Lua ofrece soporte para funcións de orde superior, colector de lixo. Combinando todo o anterior, é posible utilizar Lua en programación orientada a obxectos.
Ver tamén: 
linguaxe de programación
Traducions
Tradución portugués: 
Lua
Tradución castelán: 
Lua
Tradución francés: 
Lua
Tradución italiano: 
Lua
Tradución inglés: 
Lua
Tradución alemán: 
Lua