Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

antena parabólica

Antena que se caracteriza por levar un reflector parabólico cun diámetro específico, utilizada como transmisora ou receptora, e con alta ganancia.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Información complementaria: 
Nas de tipo transmisor, o reflector parabólico reflicte a onda electromagnética xerada por un dispositivo radiante que se encontra situado no foco do reflector, as frontes de onda que xera saen deste reflector en forma máis coherente que no outro tipo de antenas, mentres que nas antenas receptoras o reflector parabólico concentra a onda incidente no seu foco onde tamén se encontra un detector. Normalmente estas antenas en redes de microondas funcionan en full dúplex. As antenas parabólicas poden ser principalmente de tres tipos: foco primario, Offset ou Cassegrain.
Traducions
Tradución castelán: 
antena parabólica
Tradución francés: 
antenne parabolique
Tradución italiano: 
antenna parabolica
Tradución inglés: 
parabolic antenna
Tradución alemán: 
Parabolantenne