Mecanismo implícito de xestión de memoria implementado nalgunhas linguaxes de programación de tipo interpretado ou semiinterpretado.
Categoría Gramatical:
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Información complementaria:
Xeralmente, o programador dispón dunha biblioteca de código que se encarga destas tarefas. Non obstante, o propio programador é responsable de utilizar axeitadamente esta biblioteca. Isto ten a vantaxe de que se fai un uso eficiente da memoria, é dicir, os espazos de memoria quedan libres cando xa non son necesarios. Porén, este mecanismo explícito de xestión de memoria é propenso a erros. Por exemplo, un programador pode esquecer liberar a memoria de xeito que, tarde ou cedo, non quede memoria dispoñible abortando a execución do programa. Como alternativa é necesaria unha xestión implícita de memoria, onde o programador non é consciente da reserva e liberación de memoria. Isto é obrigado nalgunhas linguaxes de programación onde non se manexa o concepto de memoria.