Linguaxe de programación funcional dialecto de Lisp que non acumula un gran número de funcionalidades senón que evita as debilidades e restricións que fan necesaria a súa adición e proporciona o mínimo número posible de nocións primitivas para construír todo o demais a partir dun reducido número de abstraccións.
Categoría Gramatical:
outros nomes propios que non sexan nin antropónimos nin institucións
Información complementaria:
A filosofía desta linguaxe é decididamente minimalista. O mecanismo principal para o control de fluxo son as chamadas recursivas finais. Scheme foi o primeiro dialecto de Lisp que usou o ámbito estático ou léxico (en lugar de dinámico) de forma exclusiva. Tamén foi un das primeiras linguaxes de programación con continuacións explícitas. Scheme ofrece tamén xestión automática de memoria (recolección de lixo). As listas son a estrutura de datos básica da linguaxe que tamén ofrece matrices entre os seus tipos predefinidos. Debido á súa especificación minimalista, non hai sintaxe explícita para crear rexistros ou estruturas ou para a programación orientada a obxectos, pero moitas implementacións ofrecen as ditas funcionalidades.