'Rexistro de datos e control de supervisión', aplicación deseñada para funcionar sobre ordenadores no control da produción que proporciona comunicación cos dispositivos de campo (controladores autónomos...) e controla o proceso de forma automática desde a pantalla do ordenador, asemade proporciona toda a información que se xera no proceso produtivo a diversos usuarios, tanto do mesmo nivel coma doutros supervisores dentro da empresa (supervisión, control calidade, control de produción, almacenamento de datos, etc.).
Categoría Gramatical:
locución substantiva inglesa que non sexa nome comercial (Christian's expertise)
Abreviatura:
SCADA
Información complementaria:
Comprende todas aquelas solucións de aplicación para referirse á captura de información dun proceso ou planta industrial (aínda que non é absolutamente necesario que pertenza a este ámbito) para que, con esta información, sexa posible realizar unha serie de análises ou estudos cos que se poidan obter valiosos indicadores que permitan unha retroalimentación sobre un operador ou sobre o propio proceso.