Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

arquitectura Harvard

Familia de arquitecturas de computadoras que utilizan dispositivos de almacenamento fisicamente separados para instrucións e datos.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Información complementaria: 
O termo provén da computadora Harvard Mark I, que almacenaba as instrucións en cintas perforadas e os datos en interruptores. As instrucións e os datos almacénanse en cachés separadas para mellorar o rendemento. Por outro lado, ten o inconveniente de ter que dividir a cantidade de caché entre os dous, polo que funciona mellor só cando a frecuencia de lectura de instrucións e de datos é aproximadamente a mesma. Esta arquitectura adoita utilizarse en DSPs, o procesador de sinal dixital, usados habitualmente en produtos para procesamento de audio e vídeo.
Ver tamén: 
arquitectura de Von Neumann
Traducions
Tradución portugués: 
arquitectura Harvard
Tradución castelán: 
arquitectura Harvard
Tradución francés: 
architecture Harvard
Tradución italiano: 
architettura Harvard
Tradución inglés: 
Harvard architecture
Tradución alemán: 
Harvard-Architektur