Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

Direct3D

Libraría de programas incluída en DirectX, API propiedade de Microsoft dispoñible tanto nos sistemas Windows de 32 e 64 bits, como para as súas consolas Xbox e Xbox 360 para a programación de gráficos 3D.

Categoría Gramatical: 
nome propio co que un produto que se vende, comercializa, publicita ou distribúe
Abreviatura: 
D3D
Información complementaria: 
O obxectivo desta API é facilitar o manexo e trazado de entidades gráficas elementais, como liñas, polígonos e texturas, en calquera aplicación que despregue gráficos en 3D, así como efectuar de forma transparente transformacións xeométricas sobre as ditas entidades. Direct3D proporciona tamén unha interface transparente co soporte físico de aceleración gráfica. Úsase principalmente en aplicacións onde o rendemento é fundamental, como os videoxogos, aproveitando o soporte físico de aceleración gráfica dispoñible na tarxeta gráfica. O principal competidor de Direct3D é Open GL, desenvolvido por Silicon Graphics Inc.
Ver tamén: 
3D; Microsoft; Open Graphics Library; Windows;
Traducions
Tradución portugués: 
Direct3D
Tradución castelán: 
Direct3D
Tradución francés: 
Direct3D
Tradución italiano: 
Direct3D
Tradución inglés: 
Direct3D
Tradución alemán: 
Direct3D