Antena composta de polo menos unha espira dun condutor.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Sinónimos:
antena enmarcada
Información complementaria:
Pódese considerar como un dipolo cuxos brazos se repregan ata formar unha espira pechada que pode tomar diferentes formas (rectángulo, cadrado, elipse, círculo, etc.). Todas as antenas de espira son fortemente direccionais. A dirección privilexiada está no plano da espira, mentres que a recepción é mínima na dirección perpendicular ao plano desta.
Ver tamén:
antena rómbica