Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

sociedade do coñecemento

Novo paradigma de sociedade mediante o cal se pretende que o individuo, grazas ao desenvolvemento das novas condicións de xeración de coñecemento e do procesamento da información, sexa capaz de integrarse nela coas competencias profesionais que lle permitan capitalizar as novidosas oportunidades de emprego, culturais e empresariais que poden florecer nesta nova realidade.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Sinónimos: 
n/a
Abreviatura: 
n/a
Exemplo: 
A sociedade do coñecemento está caracterizada polo continuo uso das tecnoloxías da información e as comunicacións.
Información complementaria: 
O vertixinoso desenvolvemento das tecnoloxías da información e da comunicación, así como o seu alcance global, trouxeron como consecuencia un xiro radical nas formas de vivir, traballar e facer negocios, en que a capacidade para acceder, procesar e xerar información e coñecemento representa unha vantaxe competitiva fundamental. Nesta nova realidade, os investimentos máis importantes das organizacións son aquelas que se relacionan co capital humano e cos medios para acceder, procesar e xerar información e coñecemento.
Traducions
Tradución portugués: 
sociedade do conhecimento
Tradución castelán: 
sociedad de la información y del conocimiento
Tradución francés: 
société de la connaissance
Tradución italiano: 
società della conoscenza
Tradución inglés: 
knowledge society
Tradución alemán: 
Wissensgesellschaft