Conxunto de conexións físicas ou radioeléctricas e mais as súas especificacións técnicas de acceso que forman parte da rede pública e que son necesarias para ter acceso a esta e aos servizos que a utilizan como soporte.
Categoría Gramatical:
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Abreviatura:
PTR
Exemplo:
O punto de terminación de rede conecta co punto de acceso do usuario.Información complementaria:
O punto de terminación de rede é aquel no que rematan as obrigas dos operadores de redes e servizos e ao que se poden conectar os equipos terminais de telecomunicacións. Os aspectos xurídico e técnico son de especial relevancia. No plano xurídico, o punto de terminación de rede utilízase para separar a propiedade do operador da propiedade do usuario.
Mentres que no plano técnico, o punto de terminación de rede identifícase como unha interface onde a rede de telecomunicacións e o terminal do usuario intercambian sinais de acordo cunhas especificacións técnicas estándar. Esta interface estándar asegura o cumprimento dos denominados requisitos esenciais descritos no regulamento ICT.