Metodoloxía de traballo baseada na identificación das mellores prácticas para utilizalas como referencia.
Categoría Gramatical:
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Exemplo:
A todos os programas que saen desa empresa se lles aplica unha batería de avaliación comparativa para observar o rendemento dos mesmos.Información complementaria:
Consiste nun proceso sistemático cuxo obxectivo é avaliar e comprender procesos operativos, produtos ou servizos propios e comparalos con aqueles relativos a prácticas recoñecidas como máis eficientes e líderes. A avaliación comparativa aplícase fundamentalmente para a análise de procesos axudando á toma de decisións que apoien accións encamiñadas cara á súa mellora.