Rede de satélites xeoestacionarios operados pola empresa Société Européenne des Satellites - Astra (SES Astra), que dispón de 176 transpondedores cos que transmite na actualidade 1100 canles de televisión analóxica e dixital e canles de radio.
Categoría Gramatical:
nome propio co que un produto que se vende, comercializa, publicita ou distribúe
Información complementaria:
SES Astra opera con doce satélites desde tres localizacións orbitais: sete en 19.2° L, tres en 28.2° L e dous en 23.5° L. Os satélites Astra funcionan baixo o principio de colocalización, (varios satélites na mesma posición orbital), o que permite incrementar a redundancia.
Ver tamén:
HISPASAT