Funcionalidade das cámaras fotográficas dixitais que axusta o brillo das cores básicas vermella, verde e azul co obxecto de que a parte máis brillante da imaxe apareza como branca e a menos brillante como negra.
Categoría Gramatical:
locución substantiva masculina (caracol de mar)
Sinónimos:
balance de branco; WB
Exemplo:
Tes mal calibrado o balance de brancos, por iso as fotos non che saen ben.Información complementaria:
Un balance de brancos incorrecto pode facer que moitas cores que deberían ser diferentes aparezan convertidas en branco ou pola contra pode facer que puntos que deberían ser brancos adquiran tonalidades falsas. O balance de brancos permite acomodar a cámara á iluminación ambiental. O balance de brancos aplícase facendo un zoom sobre un obxecto branco e aplicando a opción "balance de brancos" ou "axuste de branco de referencia". Os valores continuos (analóxicos) que se obteñen nese momento para as tres compoñentes serán a referencia para a cor branca. Cando se converte ese branco en R=1, G=1 e B=1 faise o mesmo con todos os demais valores, isto é, divídese polos valores continuos.