Aparello empregado para separar os diferentes compoñentes da densidade espectral dun sinal.
Categoría Gramatical:
substantivo masculino (pote)
Exemplo:
Temos que obter o espectrograma deste feixe de luz. En que sala se atopa o espectroscopio?Información complementaria:
O espectroscopio está constituído por unha fenda situada no plano focal dun colimador, dun prisma ou dunha rede de difracción e uns anteollos para observar o feixe dispersado. Serve fundamentalmente para medir diferentes propiedades da luz nunha porción de espectro, normalmente a intensidade da luz.
Ver tamén:
espectrógrafo; espectrograma