Etiquetas HTML ou XHTML inseridas na cabeceira de cada unha das páxinas web, usadas para proporcionar metadatos sobre a páxina web, que non son visibles para un internauta, pero si para navegadores e buscadores, que usarán esas informacións para clasificar o sitio.
Categoría Gramatical:
substantivo inglés (swine)
Sinónimos:
metaetiqueta
Exemplo:
É moi importante que na túa páxina deas de alta os metatags, dese xeito pódente atopar mellor nos buscadores.
O buscador web non puido indexar adecuadamente a páxina web da universidade, ao non dispor de metatags.Información complementaria:
Os metatags son importantes para optimizar a páxina WEB fronte aos buscadores (estratexias de posición).
Ver tamén:
eXtensible Hypertext Markup Language; Hyper Text Markup Language; metadato