Buscar | Enlaces de interese | Suxerir | Sobre Nós | Aviso Legal | Contacto | Mapa Web   Galego  Castellano  English  

corrección gamma

Técnica ou operación empregada para linealizar a resposta dun dispositivo de captación ou presentación de imaxe que ten un comportamento non lineal, ó codificar e descodificar a luminosidade dunha imaxe ou vídeo, que provocará unha corrección nos valores RGB de cor da imaxe.

Categoría Gramatical: 
locución substantiva feminina (axencia de seguros)
Sinónimos: 
codificación gamma; corrección non lineal gamma
Abreviatura: 
gamma (letra grega)
Exemplo: 
Os tubos de raios catódicos CRT provocan unha corrección gamma nas imaxes.
Información complementaria: 
A corrección gamma fai que o sinal xerado por un elemento captor (tubo de cámara) teña unha relación lineal co brillo que nel incide. Do mesmo xeito, outra corrección gamma similar fai que o brillo emitido por un tubo de imaxe teña unha relación lineal co sinal de luminancia que se lle aplica ao tubo. Por razóns históricas, para non ter que facer estas dúas correccións, o sinal de luminancia emitido en televisión xa leva unha única corrección gamma que inclúe a do tubo de cámara e a do tubo de imaxe. No caso do tubo de raios catódicos (TRC), a intensidade de luz captada polo emisor da imaxe será proporcional á luz xerada polo feixe de electróns ao chocar co fósforo do tubo.
Ver tamén: 
corrección de sombras; factor de corrección; Red, Green and Blue; tubo de raios catódicos
Traducions
Tradución portugués: 
correçao gamma
Tradución castelán: 
corrección gamma
Tradución francés: 
correction gamma
Tradución italiano: 
correzione di gamma
Tradución inglés: 
gamma correction
Tradución alemán: 
Gammakorrektur