Programa de comunicación para os teléfonos móbiles que evita problemas de cobertura ao conectarse en modo itinerante coas redes Wi-Fi existentes e permite realizar chamadas a baixo custo sobre Internet.
Categoría Gramatical:
nome propio co que un produto que se vende, comercializa, publicita ou distribúe
Exemplo:
Estase a desenvolver a tecnoloxía Metakall, que evita os cortes cando facemos chamadas itinerantes mediante redes sen fíos, é dicir, cando cambiamos dun punto de acceso a outro.Información complementaria:
O sistema Metakall, desenvolvido polo Trinity College de Dublín, permite diminuír o custo das chamadas a través de Internet a 5 céntimos por minuto (prezos de 2009).
Ver tamén:
itinerancia; Wi-Fi